Domingo, 15 de marzo de 2026 Pazo da Cultura 18:00
Artista: Alba Bermúdez Duración: 40 minutos Xénero: Teatro de obxectos Público: Familiar e infantil (a partir de 4 anos) Idioma: Galego
Mariña é unha nena á que lle gusta moito o mar e os animais que habitan nel. Todas as tardes mergúllase na auga para xogar cos peixes. Hai un que é moi especial. Chámase Xarda. Un peixe que fala e que lle conta historias sobre como é a vida mariña e tamén sobre os seus perigos.
A loita contra a contaminación, a amizade e o respecto son temas que están presentes en As aventuras de Mariña. Unha sesión de contos que combina a narración oral e o teatro de monicreques.
Intérprete: Alba Bermúdez Espazo escénico e vestiario: Alba Bermúdez Dirección: Alba Bermúdez