Prezos:
9,50 €

Abonados
Desempregados
Carné xove ou estudante (ata 25 anos):

6,65 €

Menores de 14 anos:
5,50 €

Canta, buguina, canta

Domingo, 29 de marzo de 2026
Pazo da Cultura
18:00

Artista: Marta Ortiz
Duración: 40 minutos
Xénero: Narración oral, teatro de obxectos e música
Público: Familiar e infantil (primeira infancia: de 0 a 6 anos)
Idioma: Galego

Canta para nenos e nenas, para viaxar xuntas en igualdade, con amor e respecto.

Soprando a nosa buguina, comezaremos a viaxe polo mar. Visitaremos illas onde viven caracois, galiñas poñedoras e vacas. Regaremos a herba. Xogaremos coa marea que sobe e baixa.

Cantaremos cancións sobre a lúa e faremos barcos de papel para continuar viaxando lonxe. Brincamos coa imaxinación recreando animais con obxectos, barcos e illas de papel, un mar de tea ao son da música e das palabras.

Canta, Buguina, canta! é un espectáculo para primeira infancia que ten como obxectivo xogar coa palabra e a poesía, coas cancións e contos, cos xogos visuais e sonoros que serán o berce da literatura.

Elenco:

Marta Ortiz