Prezos:
9,50 €

Abonados
Desempregados
Carné xove ou estudante (ata 25 anos):

6,65 €

Chegar e encher

Venres, 27 de marzo de 2026
Pazo da Cultura
20:30

Artista: Bea Campos
Duración: 75 minutos
Xénero: Comedia
Público: Adultos
Idioma: Galego

Chegar e encher é un canto ao fracaso, un divertido monólogo teatral de Bea Campos onde conviven a improvisación, a narración oral e o cabaré.

Pasen e vexan… esta muller que está no escenario era unha nena adorable que tiña todo o que precisaba para ser feliz… pero que nalgún momento tomou decisións que a afastaron dese camiño para levala sobre as táboas dos escenario…

Chegar e encher é unha ácida e divertida reflexión sobre a imposibilidade de controlar as nosas vidas e a dificultade de encaixar nos roles de xénero marcados.

Este espectáculo contén medidas de accesibidade previo ao comezo da representación.