Artista: Mariña Lestón
Duración: 50 minutos
Xénero: Teatro unipersonal
Público: Adultos
Idioma: Galego
Mariña Lestón con Costa da Morte, cartografía dun naufraxio, o primeiro traballo da creadora que está recibindo magnifica acollida de público e crítica.
Unha viaxe sobre a historia do noso mar a través de relatos reais e cantigas populares interpretadas en directo.
Historias sobre naufraxios na Costa da Morte para lembrar ás persoas que xa non están e para poñer en valor e facer visible ás que quedaron en terra: as viúvas, as orfas, as que socorreron… Para que as súas historias non caian no esquecemento.
Unha peza escrita, producida e interpretada por Mariña Lestón en coprodución co Centro Dramático Galego. A proposta conta cun formato accesible en lingua de signos coa intérprete Gema Santos.
Dirección, dramaturxia e produción: Mariña Lestón
Interpretación: Mariña Lestón
Apoio na dramaturxia: Vanesa Sotelo
Asistencia vocal: Cristina Domínguez
Escenografía e indumentaria: Carlos Alonso
Imaxe e audiovisuais: Anxo Beiro
Proxeccións e deseño gráfico: Xaime Beiro
Técnico en xira e iluminación: Jorge Álvarez
Coproduce: Centro Dramático Galego
Este espectáculo contén medidas de accesibidade previo ao comezo da representación.