Prezos:
9,50 €
Abonados
Desempregados
Carné xove ou estudante (ata 25 anos):
6,65 €
Menores de 14 anos:
5,50 €
Artista: Atenea García
Duración: 45 minutos
Xénero: Teatro de obxectos
Público: Familiar e infantil (a partir de 3 anos)
Idioma: Galego
Estrafalaria é un espectáculo que combina a narración oral coa manipulación de obxectos e onde o público participa activamente do relato.
Os personaxes que interveñen na historia caracterízanse pola súa peculiaridade e levan a diferenza como bandeira. Unha proposta para entender que a diversidade é enriquecedora e imprescindible para vivir nun mundo onde predomine a tolerancia, a solidariedade e a convivencia. Un mundo no que as mulleres poidamos ser nós mesmas a cada momento.
Alicia collera por costume escorregar por calquera buraco sen importarlle o profundo, escuro ou sinuoso que sexa.
Carlota escolle o seu camiño e embárcase en aventuras emocionantes que nada teñen que ver coas das princesa.
A avoa e papá dicían que as miñas amigas eran estrañas. Mais eu sempre pensei que iso de ser estraña é moi relativo. Apetéceche escoitar as nosas rarezas?
Creación e Interpretación: Atenea García
Dirección: Atenea García e Nicolás Zamorano
Vestiario e atrezzo: Nicolás Zamorano